top of page

C u r r i c u l u m

  Iria a Feiticeira, nada na cidade de Londres, comeza súa formación na danza aos 5 anos de idade. Continúa súa formación na cidade de Vigo, tanto en ballet clásico coma contemporáneo e natación sincronizada. Estuda a carreira de ballet pola Royal Academy of London. Acada un cuarto posto nos campiaonatos de sincronizada de España e un primeiro posto nos galaico/portugueses. Fórmase nas disciplinas de danza Oriental, Bollywood, Tribal, Hula, Ori Tahití, Odissi, Flamenco, etc; en prexistiosas escolas en Madrid, Barcelona, Londres, Delhi, etc.

 

  Coma mestra, comeza moi nova ensinando danza a cativ@s e maiores, en varias ciudades do país, tanto en workshops, coma clases regulares. En escolas, academias, Concellos, etc.

  Coma bailarina e coreógrafa, traballa para compañías de danza coma a de Branca Novo, Concellos en ciudades coma Santiago de Compostela, salas coma a NASA, teatros coma  SantArt, e en eventos na India e Nova Iorque con Global Futures Group.

  Entrevistada en numerosas ocasións dende nena, pola TVG, Localia, TVE1, Cuatro, etc.

  Actualmente reside na cidade de Vigo. Onde está a preparar seu novo espectáculo “Aromas da India”, percorrido pola aromática India a través das súas danzas folclóricas, clásicas e modernas; sen deixar atrás “ A Moura”, espectáculo de danza-teatro, que conta coma una doncela foi enfeitizada vai moitos,moitos séculos, e vive agora coma una moura, gardando celosamente seu tesouro e embaucando homes cara o inframundo, mentres agarda seren namorada por un deles, e romper así o meigallo.

  • Facebook Metallic
  • Google Metallic
bottom of page