top of page

Feitizos

O aquelarre abre as súas portas e revela seus segredos !

Danza-Teatro

Intriga, traizón e vinganza suceden nesta fabulosa obra.

 

Unha proposta de teatro e danza, cun caracter infantil, na que as meigas dun clan entran en disputa debido á desparición dun cofre cheo de moedas de ouro, que o aquelarre garda celosamente.

Comeza o espectáculo cunha danza grupal en círculo, onde @s cativ@s serán combidados a participar.

Rómpese a alegría e o festexo :  cando a meiga á que lle tocaba custódialo tesouro, fica durmida, e o cofre desparece.

O clan comeza a pescudar….e invocan aos espíritos da natureza para que as axuden.


 

 Primeiramente, comezan a sospeitar dos trasnos das fragas, xa que son moi trasnos eles!

Mais rematarán sospeitando as unhas das outras. Lanzándose meigallo e maleficios ás unas ás outras……

 

 Só ao remate da actuación, saberemos quen roubou o cofre !

E que decisión toma o aquelarre contra o ladrón..…ou ladroa !

 

  • Facebook Metallic
  • Google Metallic
bottom of page