top of page

Danzas Polinesas

ORI TAHITÍ

Danza polinesa tradicional que provén da illa de Tahití.Dentro dela achamos os estilos Ote´a e Aparima.

A Ote´a orixinalmente era unha danza de guerra interpretada só por homes. Mais hoxe Ote´a Tane é a danza interpretada por homes, Ote´a Vahiné por mulleres e Ote´a Amui interpretada por homes e mulleres.

O ritmo da Ote´a é forte, de movementos vibrantes de cadeira.

Aparima siñifica : Apa-bico e rima-mans. Polo que nela interprétase a canción a través dos movementos das mans . A Aparima é unha danza expresiva de ritmos suaves

HULA

Danza polinesa tradicional que provén da illa de Hawai. Aínda que orixinalmente eran danzas sacras ou Hula Kahiko. Se son danzas para os deuses e deusas, chámanse Kahiko Pahu e se son para reis e xefes, Kahiko Ipuheke.

Actualmente tamén achamos un estilo moderno de influencias occidentais, que coma no Hula Kahiko, as mans  represéntase unha historia, mais a letra dos cantos ten unha menor carga simbólica e a temática é moi variada, coma o amor, a beleza da natureza, hazañas, etc... É o Hula ´auana.

  • Facebook Metallic
  • Google Metallic
bottom of page